Preséntovos o meu último traballo
"Tac, tac, tac, plof", editado por Narval.
Realiceino cando vivía no Lugar de Cariño, en Boiro. Aldea na
que un dos meus moitos veciños era o mar. Foi el quen me
contou esta historia entre susurros de escuma (qué salgado).
Tardei un anaco en descifrala, pero contei coa axuda de
numerosos seres nocturnos que coñecían a súa linguaxe á
perfección.
Pepe Monteserín foi o encargado de traducir todo o noso
diálogo para que o poidamos compartir convosco.
Que o disfrutedes!
Minia
|