Ola,
sonche Faladoriña:
O
vindeiro venres 13 de marzo ás 19:00h presentamos A Viva Voz!
A
autora, Isabel Pichel estará acompañada nesta ocasión pola
otorrinolaringóloga Raquel Fernández, quen revisou este manual de
coñecemento da voz.
O
cómic está ilustrado por Fonso Barreiro e conta coa participación
do ilustrador Kiko da Silva e da escola profesional de banda deseñada
e ilustración, “O Garaxe Hermético.
Está
prologado pola foniatra Marisa Lois e o actor Luís Iglesia.
O
libriño, financiado pola Xunta de Galicia a través da Secretaría
Xeral de Política Lingüística, conta co aval da SGORL-PCV (Sociedad Gallega de Otorrinolaringología y Patología
Cervicofacial) e 50 céntimos da venda de cada exemplar irán destinados a
AECAT (Asociación Española de Cáncer de Tiroides)
Agardo
por ti e facemos os “Exercicios Ximnásticos para Faladoriños”
|