Librería AENEA ofrece libros que potencian el gusto por la lectura, el deseo de saber más, de alcanzar un mayor conocimiento sobre la realidad pesonal, social y planetaria. Además va más allá de las estanterías para dar cabida a un área de taller.

OBRADOIRO DE ESCRITURA




Algunha vez non che gustou o camiño que seguían as personaxes dunha historia que estabas a ler? Non che pasou de dicirlles: por aí non!! ou non o fagas!!? Que pasaría se lles propuxeras outras alternativos? A onde os enviarías?
No obradoiro de narración multiaventura non só che propoñemos escribir as túas propias historias, senón que lle deas aos teus personaxes distintas opcións para enfrontarse aos retos cos que se atopen. Chegarán ao mesmo lugar? Darán resultado todas as eleccións? Darán un bo resultado? Iso dependerá de ti.
Comezaremos aprendendo a construír unha narración. Unha vez que coñezamos os elementos que conforman un relato, mergullarémonos na creación dunha historia multiaventura. Todo isto a través de xogos e actividades dinámicas que nos permitan aprender non só como contar, senón que alternativas e posibilidades hai nas tramas.
Estrutura do curso:
1º trimestre.- Dun xeito práctico aprenderemos a escribir un relato, sacándolle o máximo partido aos elementos narrativos (narrador, personaxes, espazo, tempo, trama…). Durante as clases tanto de xeito individual como en grupo, quen participe creará diferentes historias.
2º trimestre.- Comezaremos a mergullarnos nas historias multiaventuras. A través de xogos explicaremos en que consisten. Unha vez comprendida o tipo de estrutura, en grupos, escibiranse distintas historias na que cada equipo escollerá un subxénero narrativo (fantasía, ciencia ficción…)
3º trimestre.- Para rematar o curso, cadaquén escribirá a súa propia historia multiaventura, polo que poderán escoller temas segundo os seus intereses persoais. Así, os alumnos levarán consigo un relato multiaventura.
Imparte:
Andrea Barreira Freije, autora da novela xuvenil de xénero fantástico, Non hai luz sen escuridadeda, baixo  o selo de Urco Editora. Participou nas antoloxías colectivas Lendas de Gallaecia, Segunda Era e Encontros na Terceira Fase de Contos Estraños, Tebras na Alma (autoedición), e Contos de Verán (Redelibros), para un público adulto, como os relatos que publica no fanzine cultural AIRE, fanzine de ARTE. Colaborou en Ilusionaria IV, antoloxía solidaria de contos para nenos e escribiu historias infantís na web de promoción da lectura Boolino.

Prazas limitadas
Duración: Outubro – Xuño
Sábados alternos, de 12:15 -13:45
Comezo: 15 de outubro
Prezo: 120€/trimestre