Menú

Luis Rodríguez Cao - As viaxes de Xurxo. Medulia Ed, 2020


Este fermoso libriño, de apenas cincocentas páxinas, desborda sensibilidade e delicadeza.  E tamén beleza, tanto nas ilustracións da acuarelista Begoña Castro como na escrita, espléndida, na que o autor relata as peripecias de Xurxo, un neno de sete anos, e a súa familia a través de tres episodios: A inventar, Todo é música e O universo  que nos permitirán compartir con eles a intensa ledicia da intelixencia e o despertar  ao coñecemento. 
 
Unha auténtica delicatessen.