Menú

Presentación: CRIPTOGRAFÍAS


 O mércores 14, ás 19 horas, Baldo Ramos e Pepe Cáccamo presentarán as súas CRIPTOGRAFÍAS, o seu novo libro de poesía visual.

Estarán acompañados polo poeta Carlos Negro e o editor Henrique Alvarellos.

Cada exemplar estará personalizado e numerado polos autores. Cunha intervención artística diferente en cada volume e que están a facer sobre un máximo de 100 exemplares desta edición.