Librería AENEA ofrece libros que potencian el gusto por la lectura, el deseo de saber más, de alcanzar un mayor conocimiento sobre la realidad personal y social. Además va más allá de las estanterías para dar cabida a un área de taller.

Comunicación terapéutica con animales. Sonia Pardo

 Thor, Petís, Lola e Ramón xa estamos preparados para recibirvos e escoitar a Sonia e Marga hoxe ás 19:00h para coñecer a sabiduría transmitida polos nosos amigos peludos.


Atopámonos, recoñecémonos, conversamos, rimos...
Cativos e maiores gozamos da paz e alegría que nos aportan os animais.
Grazas Sonia, Marga, Marta, Mati, Rula, Guille, Amalia, María, Rufu, Dori, Lolita,... A cada un dos que vos achegástedes a participar desta charla-coloquio: Grazas. Foi unha auténtica festa!













Conversa sobre as nosas nais e avoas. 9 de marzo.

Nai que nos pariu. Mulleres á altura do interior; Fernando García Penas; Edición: Alentía Teatro



O día 9 de marzo, Fernando e Carlos crearon un espazo entrañable, coma se estivésemos arredor da lareira. Desde este lugar, as historias tiñan vida propia. Sen tempo real estivemos embelesadas, emocionadas, escoitando con todo o corpo, como si as células comprenderan.
Grazas por facer tan fermoso este encontro coas mulleres sen nome.
Grazas a todas/os por vir!





8 de Marzo - Día da Muller

 Mentres agardamos a celebración do Día da Muller, descubrimos obras que nos sorprenden gratamente e que libros tan curiosos que estamos atopando!!


Esperamos que vos gusten tanto como a nós. Estaremos encantados de mostrárvolos.


LOLA TOUZA. A Schindler Galega. Vicente Piñeiro. Toxosoutos.

Con motivo da celebración do día da muller imos a mostrarvos o libro que conta a historia dunha das máis valentes galegas, Lola Touza. Unha muller que rexentaba o kiosko da estación de tren de Ribadavia e que axudou, xunto con súas irmás, Amparo e Julia, a fuxir do Holocausto nazi a máis de 500 xudíos e xudías. Elas mantiveron o segredo ata o final, pero as persoas que sobreviviron contan esta historia para coñecermos a bondade destas tres irmás e a súa rede clandestina de salvación.



Pañuelo rojo con golondrinas blancas y otras historias de mujeres africana. 
Paquita Reche; Editorial Umoya.

Este libro achega a quen o le á vida dunhas mulleres tan descoñecidas e silenciadas como son as mulleres africanas. A través de máis de 30 historias reais poderemos ver e sentir a coraxe, a valentía, a forza e o amor de tantas e tantas mulleres que loitan pola liberdade, aínda que só teñan un pañuelo vermello con golondrinas blancas e unha espumadeira na man.






23 de Febreiro - Día de Rosalía de Castro

LIBRO RESCATADO DE ROSALÍA DE CASTRO

RUINAS. Rosalía de Castro. Editorial Eneida. Maio, 2013.

Unha vella dama, no solpor dunha familia ilustre, que comparte pobreza cun gato, un descoidado comerciante empobrecido por ser demasiado xeneroso e un xove fidalgo ao que lle arrebataron a riqueza e que busca, a través das leis, recuperala. Unha comedia de costumes que recolle o mellor de Galicia e das súas pequenas cousas. Unha novela curta onde non pararemos de rir con estos tres personaxes, dende a bondade.