Cuarta entrega do noso videoblog con recomendacións literarias, producido por O batiscafo.
Esta vez tocóulle o turno a un libro interxeneracional e interactivo.
Con el podemos aprender sobre xeografía ou sobre distintas culturas. Un
xénero un pouco esquecido como é o epistolar, ademáis as cartas van
acompañadas de debuxos e fotografías.Baseado nunha historia real: "Hola mundo ¿cómo estás?". Autor: Toby Little. Lince Ediciones
Aquí vos deixamos o terceiro capítulo do videoblog Aenea. Esta vez a
temática é a morte. A autora Elisabeth Kübler-Ross axúdanos a comprender
esta realidade e compartila con outros.
A finalidade destes vídeos e
intentar achegarmos ao coñecemento e a saúde a través dos libros, e
crear un espazo no que podamos recomendar títulos, autores ou temas que
nos axudan a conseguir o benestar.Agradecémoslle de novo O batiscafo seu traballo, e sobre todo ternos presentado este formato que consideramos ideal para a nosa proposta.
Agardamos que sexa do voso interés!
Segundo vídeo coa reseña do libro "El lenguaje oculto de los pies" de Lina Rodríguez. Editorial Sumatra.
Comenzamos o noso videoblog coa reseña do libro “Estrellita, ¿dónde estás?”, escrito por Margarita Calvente e editado por Editorial Octaedro. Este é o primeiro dunha serie semanal de capítulos sobre os libros do fondo de Aenea.
Agradecemos á produtora O Batiscafo por ternos enrolado neste proxecto. Estamos moi contentas coa súa profesionalidade, calidade e agarimo. Ogallá vos guste tanto como a nós e cumpla o seu obxectivo que é “atoparnos nos libros!”
Animádevos a compartir os títulos que vos axudaron nalgunha etapa das vosas vidas.