Librería AENEA ofrece libros que potencian el gusto por la lectura, el deseo de saber más, de alcanzar un mayor conocimiento sobre la realidad personal y social. Además va más allá de las estanterías para dar cabida a un área de taller.

Premios Follas Novas do Libro en Galego

 Hoxe celébranse no Teatro Principal os Premio Follas Novas do Libro en Galego.

Aenea participará entregando o premio da categoría de Ensaio e Investigación.

Moitas felicidades a todos os nominados!




Aquí deixamos aos premiados nos Follas Novas 2024. Parabens!!!

Unha festa do Libro galego en todo o seu percorrido, dende os autores, editoras ata as librarías. 

- Ensaio e investigación: Ser Cetáceo. O fascinante inverno do animal de fondo. Francisco Xosé Fernández Naval. Editorial Bululú.
- Premio á obra de divulgación: O cento voando. Amores, alianzas emonogamias. Andrea Nunes Brións e Ánxela Lema (coord.). Edicións Xerais de Galicia.
- Premio á obra de narrativa : Cinco corujas. Susana Sanches Arins. Através Editora.
- Premio á obra infantil: A botella de lentellas. Leticia Barbadillo. Edicións Xeraisde Galicia.
- Premio á obra xuvenil: Burbullas de calma serena. Andrea Maceiras. Cuarto de inverno.
- Premio ao libro ilustrado: Maruja Mallo. Enigmaticamente única. Bea Gregores (i) María Canosa. Editorial Bululú.
- Premio ao libro de banda deseñada, gráfico e humor: Fago o que podo. Afra Torrado. Rodolfo e Priscila.
- Premio á iniciativa bibliográfica: Colección Candemaia. Edicións Laiovento.
- Premio á obra traducida: Deiche os ollos e miraches as tebras. De Irene Solá. María Alonso Seisdedos. Kalandraka.
- Premio ao libro de poesía: Retratos de vodas, partos e funerais. Silvia Penas. Editorial Galaxia.
- Premio ao libro de teatro: Festas de gardar. Díptico para a resistencia. Lorena Conde. Cuarto de inverno.
- Premio ao libro mellor editado: O gran libro dos nosos montes. Blanca Millán. CumioEditorial.
- Premio promoción da lectura: Espazo Lectura de Gondomar
. Foron homenaxeados o escritor Joseba Sarrionandia, a libraría Eixo, e o desaparecido editor Francisco Porrúa.
. A música correspondeu a SAL, o proxecto musical de Diego Salgado e Pablo Pazo.
. A gala foi presentada polo actor Xosé Barato. 

Ata o próximo ano!
#GaladoLibro
#premiosfollasnovas
#librariasdegalicia

Presentación do libro Mareas de vida de Dula Piñeiro


'Agora mesmo
neste intre,
quería darme a coñecer.
Son una aventureira
gustosa de presentarme.
A aventura é grande,
teño que recoñecelo.
Paso de mariscadora
a contista, por pracer.'
Presentación - Dula Piñeiro

'... Entón descubrín que levaba tempo escribindo poesía. Unha poesía que non precisa de sofisticados recursos literarios porque flue directamente dun corazón que precisa poñer nun papel as vivencias e sentimientos que conforman a súa vida e os seus amores.'
Limiar - Teresa Pérez Tilve

É como un poema,
escoitamos,
rimos
e choramos.
Ata sempre, Dula Piñeiro Nogueira!!!

Día do libro infantil e xuvenil 2024

Congratulámonos polo Día do libro infantil e xuvenil.

Ven a visitar a noso curruncho de libros dos nosos autores e editoriais favoritos.