Librería AENEA ofrece libros que potencian el gusto por la lectura, el deseo de saber más, de alcanzar un mayor conocimiento sobre la realidad personal y social. Además va más allá de las estanterías para dar cabida a un área de taller.

FEIRAS DO LIBRO EN MAIO


SÁBADO 30 DE ABRIL - DOMINGO 8 DE MAIO
FEIRA DO LIBRO EN SANTIAGO


XOVES 12 DE MAIO - DOMINGO 15 DE MAIO
FEIRA DO LIBRO EN LALÍN


Durante as feiras pecharemos a libraría os sábados
(30 de abril, 7 e 14 de maio)

MARTES 17 DE MAIO
DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Estaremos na Praza do Toural
Os libros terán un desconto 10%

PROGRAMAS
30 FEIRA DO LIBRO DE SANTIAGO
INSTALACIÓNS
Paseo Central da Alameda
HORARIO
Mañás: 11.30 a 14.00. Tardes: 17.30 a 21.30
Fins de semana e festivos: de 11.30 a 14.30 e de 17.30 a 21.30
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
Día 30. Sábado.
12.45 Actuación da Banda de Música de Santiago de Compostela.
13.00 Inauguración oficial.
Pregón inaugural a cargo do escritor Diego Ameixeiras, gañador do Premio Irmandade do Libro ao mellor libro do ano 2010.
No acto inaugural, colabora a Asociación do Traxe Galego.
18.00 Presentación do libro Golfiño e os invasores, de Fausto Isorna, publicado por El Patito Editorial. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares do seu libro.
19.00 Presentación do libro Svea Kött (carne sueca), de Domingo Tabuyo, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Intervirán: Francisco Caamaño, Ministro de Xustiza, Manuel Bragado e o autor.
20.00 O escritor Javier Alfayate, asinará exemplares do seu libro Aleta de Tiburón: Táctica de un operador en bolsa publicado pola Editorial Grupo de 28 Editores.
21.15 Sorteo dun lote de libros.
Día 1. Domingo.
12.00 A pintora e ilustradora Isabel Pintado asinará exemplares dos libros para nenos Parece unha rosa, de Rosalía de Castro e Cantiga do mazarico, de Emilio Pita, publicados por Edicións Espiral Maior, na colección Lúa Lueira.
18.00 Obradoiro de baile para todo o público a cargo do grupo Pesdelán, participantes no libro–cd–dvd Na punta do pé publicado por Klandraka Editora.
19.30 Presentación do libro A xanela escura, de Jorge Emilio Bóveda, da Colección Alcaián, de Urco Editora. Participarán no acto Denís Fernández Cabrera en representación da editorial e o autor da obra.
21.15 Sorteo dun lote de libros
Día 2. Luns.
18.00 Actividades para nenos. Contacontos a cargo de Brétema Animación.
19.00 Baía Edicións, presenta as obras gañadoras do Premio Barriga Verde 2010, nas modalidades infantil e adulto: Fábula galénica, de Inacio e Pedra sobre pedra, de Xosé A. Neira Cruz. Xuntos cos autores, intervirán Jorge Rei, da Asociación Barriga Verde e Belén López Vázquez, directora de Baía Edicións.
19.30 A poeta Eva Veiga asinará exemplares do libro A frecha azul do teixo, publicado por Edicións Espiral Maior.
20.00 O escritor Estevo Creus fará a presentación do seu libro de poemas visuais O libro dos cans, publicado por Franouren Edicións. Xunto co autor, participará no acto Manuel Ángel García, director da editorial.
21.15 Sorteo dun lote de libros.
Día 3. Martes.
18.00 Actividade para nenos. Contacontos a cargo de Brétema animación
18.30 Presentación do libro O meu gato é un poeta, de Fran Alonso, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Intervirán no acto Xurxo Souto e o autor.
19.00 A escritora Mª José Viñas Tobío asinará exemplares dos eu libro El planeta Dragón, publicado por Editorial La Plana.
20.00 Presentación do libro de Marga do Val, A cidade sen roupa ao sol (Premio da Crítica Española 2011), publicado por Edicións Espiral Maior. Participan no acto Marga do Val, Anxos Sumai, Elías Torres Feijóo e Miguel Anxo Fernán Vello.
21.15 Sorteo dun lote de libros.
Día 4. Mércores.
18.00 Actividade para nenos.
19.00 Actuación do actor e humorista Cándido Pazó co seu monólogo Cunqueiradas.
20.00 Presentación do libro A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro, do escritor Antón Lopo, publicado por Editorial Galaxia. Xunto co autor, participan no acto Carlos Lema, director de edicións de Galaxia e o xornalista Xosé Manuel Pereiro
21.15 Sorteo dun lote de libros.
Día 5. Xoves.
18.00 Obradoiro de ilustración: Como nace un personaxe. Realización a cargo do ilustrador Xosé Tomás. Actividade realizada coa colaboración de GALIX.
19.00 O escritor Xavier P. Docampo presentará o seu libro O misterio das badaladas, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Manuel Bragado, director da editorial, manterá unha conversa con Xosé Cobas (ilustrador do libro) e co autor.
20.00 Presentación do libro As palabras que move o mar, de Xaime Toxo, publicada por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado.
21.15 Sorteo dun lote de libros.
Día 6. Venres.
17.30 A maxia na Feira do Libro. Sorprendente actuación do Mago Toño.
18.00 Presentación e firma do libro Águeda e o misterio dos calcetíns de Paula Señarís, publicado na colección Árbore, de Editorial Galaxia. Participan o editor Francisco Castro e a autora do libro.
19.00 Presentación do libro Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de María do Carme Kruckemberg, da escritora Mercedes Queizas Zas, publicado por Editorial Galaxia. Participan no acto Francisco Castro, editor, Mª do Carme Kruckemberg e a autora do libro.
19.30 Firma de libros do escritor Enrique Reyes. Asinará exemplares do seu libro La princesa que emigró, de Érice Ediciones.
20.00 Presentación do libro “Diccionario” Lois Pereiro, de María Xesús Nogueira, publicado por 3C3 Editores. Xunto coa autora, intervirán no acto Xosé Manuel Pereiro e Antonio Puentes Chao. Tamén haberá a actuación musical de Modesto Refojo, Pipo.
21.15 Sorteo dun lote de libros.
Día 7. Sábado.
18.30 Actividade infantil. Contacontos. Actuación de Fátima.
19.00 Presentación do libro infantil ¿Qué me pasa, Ntumba? cuentos sobre enfermedades olvidadas, da escritora Feli Ibáñez, publicado por Médicos Sin Fronteras.
19.00 O escritor Enrique Reyes, asinará exemplares do seu libro La princesa que emigró, publicado por Éride Ediciones.
19.30 Firma do libro Caja negra, de Francisco Narla.
20.00 Charla coloquio de Javier Akerman: Terapias naturais, medicina alternativa. Ao remate do acto, o Dr. Akerman asinará exemplares dos seus libros (Tratamientos naturales de urgencia, Como vencer el estrés. Vivir en plenitud), publicados por Auga Editora na súa colección Ecosalud
21.15 Sorteo dun lote de libros.
Día 8. Domingo.
18.00 Actividade para nenos. Obradoiro de marcapáxinas, impartido por Brétema Animación.
19.00 Presentación de Poemas no faiado, de varios autores. Colección de poemas lusófonos pensados especificamente para nenos. Publicado por Imperdível. Participarán no acto Xosé Antón Serén e Xemma Fernández.
20.00 Presentación do libro de poesía As Nosas Sombras no Xardín de Serralves, de Xoán Abeleira, publicado por Franouren Edicións. Xunto co autor, participará no acto Yolanda Vilavedra
21.15 Sorteo dun lote de libros.
21.30 Peche da Feira do Libro.
DURANTE A FEIRA DO LIBRO, CELEBRARASE O PRIMEIRO PREMIO LITERARIO INFANTIL E XUVENIL FEDERACIÓN DE LIBREIROS / GÁLIX.
RELACIÓN DE PARTICIPANTES
1. Secretaría e Información
2. Libraría Brañas. Carballo.
3. El Patito Editorial
4. Libraría Aenea. Santiago.
5. Libraría Abraxas. Santiago.
6. Consorcio Editorial Galego.
7. Libraría Brea. Betanzos
8. Libraría Cartabón. Vigo.
9. Editores de Compostela
10. Libros Para Soñar. Vigo
11. Libraría Pedreira. Santiago.
12. Gran Enciclopedia Galega.
13. Libraría Rivero. Chapela.
14. Ler Librerías. Pobra do Caramiñal
15. Urco Editora
16. Biblioteca Pública Ánxel Casal

FEIRA DO LIBRO DE LALÍN

INSTALACIÓNS Praza da Igrexa
HORARIO
Mañás: 10.30 a 14.00. Tardes 17.30 a 21.00
O sábado e domingo, o horario será de 11.00a 14.30 e de 17.30 a 21.00
Xoves, 12 de maio

10.30
Apertura da feira. Visita de escolares á feira do libro, coa colaboración do autor dos Bolechas, Pepe Carreiro.
11.00 Inauguración oficial da Feira do Libro a cargo do alcalde de Lalín, José Crespo Iglesias.
11.30 Participación na feira do libro da escritora Tere Fernández, autora dos libros A funámbula e Viaxe a Terranova, publicados por Edicións A Nosa Terra.
12.00 Charla coloquio da escritora Reyes Monforte arredor do seu último libro La infiel publicada pola editorial Temas de Hoy. Temén publicou na mesma editorial La rosa escondida, Amor cruel e Un burka por amor. Ao remate do acto, asinará exemplares dos seus libros.
18.00 A maxia na feira do libro. Actuación do Mago Toño.
19.00 O escritor Xosé Neira Vilas asinará exemplares dos seus libros.
20.00 Pregón a cargo da escritora Yolanda Castaño. Ao remate do acto, a escritora asinará exemplares dos seus libros.
21.00 Sorteo dun lote de libros.
Venres, 13 de maio

10.30 Visita dos escolares á feira do libro.
Contacontos e maxia a cargo de Fátima: Nada é o que parece.
11.00 Conferencia do profesor Jorge Mira no auditorio municipal.
12.00 Jorge Mira firmará exemplares do seu libro La ciencia en el punto de Mira na feira do libro.
18.30 O escritor e aviador Francisco Narla presentará o seu libro Caja Negra, publicado por Alberto Santos, Imágica Edicións. Ao remate do acto, o escritor asinará exemplares dos seus libros.
19.30 O escritor e xornalista Javier García Sánchez presentará o seu libro 50 anos de radio, publicado por Hércules de Ediciones, sobre o xornalista radiofónico Luís Rial, que acompañará ao autor do libro no acto.
21.00 Sorteo dun lote de libros.
Sábado, 14 de maio

12.00 Charla e coloquio coa escritora Fina Casalderrey, Premio Nacional de Literatura Infantil co tema: O tempo libre e os libros. Ao remate, a escritora firmará exemplares dos seus libros.
13.00 A escritora Gracia Santorum fará a presentación do libro Abelcebú, do escritor de Lalín Carlos Negro, publicado por Edicións Positivas. No acto, xunto co autor do libro, estará presente o director da editorial, Paco Macías.
13.30 A agrupación teatral Viravolta, de Lalín, representará o seu espectáculo de monicreques Varietés na Praza de Igrexa.
13.45 Charla coloquio: A literatura galega dende o Deza, coa participación dos escritores da comarca Gonzalo Navaza, Xosé Vázquez Pintor, Ignacio Vilariño e Alba Payo Froid. O moderador será Carlos Negro. Ao remate do acto os escritores asinarán exemplares dos seus libros.
17.30 Presenza na feira do libro do personaxe infantil Pocoyo
19.30 Presenza na feira do escritor Alberto Vázquez Figueroa que asinará exemplares do seu libro El mar en llamas, publicado por la editorial Martínez Roca, e do resto dos seus libros.

Domingo, 15 de maio

11.00 Entrega de premios do VII Concurso de Marcapáxinas organizado pola Biblioteca Municipal de Lalín
12.00 Presentación do libro A cociña de Larpeiros 2, de Benigno Campos, publicado por Editorial Galaxia. Xunto co autor, participará no acto o xornalista gastronómico Miguel Vila e o representante da editorial, Xulio Amigo.
13.00 Cunqueiradas. Monólogo humorístico do actor e autor teatral Cándido Pazó, sobre textos de Álvaro Cunqueiro.
14.00 Degustación gratuíta na praza da Igrexa dos productos da adega Zampallolo de Valdeorras e dos canapés da cervexería O Galopín, de Lalín.
14.30 Acto oficial de clausura da feira do libro, a cargo do alcalde de Lalín.
17.30 Obradoiro de papiroflexia, dirixido polo grupo Viravolta.
21.00 Sorteo dun lote de libros.
21.00 Peche da feira do libro.

DURANTE A FEIRA DO LIBRO, CELEBRARASE O PRIMEIRO PREMIO
LITERARIO INFANTIL E XUVENIL FEDERACIÓN DE LIBREIROS/ GÁLIX
TODOS OS LIBROS TERÁN UN 10% DE DESCONTO


RELACIÓN DE PARTICIPANTES
Secretaría
Librarías de Lalín
Libraría Cartabón. Vigo.
Gran Enciclopedia Galega
Libraría Aenea. Santiago.
Libraria Pedreira. Santiago.