A libraría en colaboración con Pere Tobaruela facemos unha proposta aos centros educativos.
Pere Tobaruela escritor galego préstase a organizar algunha presentación, taller de escritura,...traxectoria do autor, etc. da súa obra.
Para elo teríades que facer, a libraría, una compra do seu libro como lectura obrigatoria ou dependendo da dinámica, de varios títulos para a biblioteca da súa obra.
Esta é unha selección dos títulos que creemos maís axeitadas, por si queredes botarlle unha ollada.
Colección de Branco de Cores (Sotelo Blanco): coñecemento de Santiago para os máis cativos. De 8 a 10 anos.
Vouvos papar (Xerais): dous nenos viven unha aventura dentro dun ordenador. Coñecemento dos novos sistemas de comunicación. De 10 a 12 anos.
Desaparizión (Everest Galicia): empezar a desaparecer letras en Abecedaria. As letras tamén desaparecen na novela. De 10 a 12 anos.
Mortos de Ningures (Everest Galicia): novela negra para rapaces. De 10 a 14 anos.
Viaxes dun can de palleiro (Sotelo Blanco): a Odisea explicada aos rapaces pola boca dun can de palleiro. Coñecemento dos clásicos. De 12 a 14 anos.
A cripta do apóstolo (Xerais): coñecemento do Camiño de Santiago. De 12 a 14 anos.
Na cerna da selva (Sotelo Blanco): coñecemento de África. De 14 a 16 anos.
Poñente (Xerais): novela histórica sobre os cataláns que chegaron a Galicia para poñer en marcha a industria da salga. Bachillerato e adultos.