Sábado 20 de febreiro ROMARÍA DOS LIBROS DE INVERNO
organizada por Compostela Literaria.
Lugar Praza de Abastos de 10 a 15h, na
nave 5
Acompañádenos e entre libro e libro poderedes degustar dun
caldiño e unha roupa vella a prezos populares.
 |
ROMARÍA DOS LIBROS DOMINGO 8 de NOVEMBRO 11:30 - 20:30 Dende
a libraría Aenea convidámosvos a participar na segunda Romaría
organizada por Compostela Literaria: "Romaría dos Libros de Outono" na
rúa Carreira do Conde.
Compostela Literaria esta integrada por
varias librarías e editoras de Santiago de Compostela que traballan
conxuntamente co obxetivo de dinamizar o mundo do libro na nosa cidade.
Despois da Primeira Romaría dos Libros o pasado 25 de xullo na praza de
Mazarelos, continuamos con este novo evento, no que ademáis de libros
haberá: contacontos, regueifas, música, castañas, cabazas e demáis
productos de tempada. |
Todo preparado para que dea comezo a Romaría. Cabazas e libros no posto de Aenea.
Desde primeira hora da mañá achéganse os máis curiosos e madrugadores.
Todo un éxito o espazo adicado ás crianzas.
Aquí Alba María incitando á xente a participar no obradoiro de regueifas.
O primeiro Sechu Sende (de camisola verde).
Á noitiña o acendido de cabazas, dando paso ao contacontos de Sole Felloza, quen nos descubriu parte da tradición uruguaia destas datas.
E pechando a Romaría tivemos a Uxía & Narf, vaia concertazo!!!
Grazas a todas as persoas que participáchedes. Ata a próxima!
....................
ROMARÍA DO 25 DE XULLO
 |
Comezamos ben cediño. Aquí estamos organizándonos. (Foto: Breixo Parcero) |
  |
"Solta de libros". Se atopades algún destes libros pola cidade lembrade volver a "soltalo" (Foto: Breixo Parcero) |
 |
Exprés literario: micropresentacións e lecturas de microrrelatos. (Foto: Breixo Parcero) |
 |
Ariel
Ninas (Central Folque) e Xurxo Souto: unha actuación espectacular. Non
só escoitamos boa música, tamén aprendimos moito. (Foto: Breixo Parcero) |
 |
Comeza o combate de debuxantes. Llerena Perozo Porteiro cronometra para que os participantes non fagan trampas. (Foto: Breixo Parcero) |
 |
Unha man inocente que saca o tema para o Combate de debuxantes. (Foto: Breixo Parcero) |
 |
Os debuxantes do Combate de Komic (Foto: Breixo Parcero) |
 |
Gañador do Combate de debuxantes Luís Yang (Foto: Breixo Parcero) |