Sábado 20 de febreiro ROMARÍA DOS LIBROS DE INVERNO organizada por Compostela Literaria.
Lugar Praza de Abastos de 10 a 15h, na nave 5
Acompañádenos e entre libro e libro poderedes degustar dun caldiño e unha roupa vella a prezos populares.
Todo preparado para que dea comezo a Romaría. Cabazas e libros no posto de Aenea.
Desde primeira hora da mañá achéganse os máis curiosos e madrugadores.
Todo un éxito o espazo adicado ás crianzas.
Aquí Alba María incitando á xente a participar no obradoiro de regueifas.
O primeiro Sechu Sende (de camisola verde).
E pechando a Romaría tivemos a Uxía & Narf, vaia concertazo!!!
....................
ROMARÍA DO 25 DE XULLO
Comezamos ben cediño. Aquí estamos organizándonos. (Foto: Breixo Parcero) |
"Solta de libros". Se atopades algún destes libros pola cidade lembrade volver a "soltalo" (Foto: Breixo Parcero) |
Lola e Xurxo presentando a Romaría dos libros aos participantes (Foto: Breixo Parcero) |
Exprés literario: micropresentacións e lecturas de microrrelatos. (Foto: Breixo Parcero) |
Ariel Ninas (Central Folque) e Xurxo Souto: unha actuación espectacular. Non só escoitamos boa música, tamén aprendimos moito. (Foto: Breixo Parcero) |
Comeza o combate de debuxantes. Llerena Perozo Porteiro cronometra para que os participantes non fagan trampas. (Foto: Breixo Parcero) |
Unha man inocente que saca o tema para o Combate de debuxantes. (Foto: Breixo Parcero) |
Os debuxantes do Combate de Komic (Foto: Breixo Parcero) |
Gañador do Combate de debuxantes Luís Yang (Foto: Breixo Parcero) |