![]() |
"A
illa da sabedoría atópase en perigo, a Irmandade de Avalon debe
enfrontarse á súa batalla definitiva contra un antigo mal que regresa
para cumprir vinganza. O profesor Hoffman e o seu sobriño Peter veranse
envolvidos nunha escura conspiración, que os levará a descubrir novos
misterios e a desentrañar unha mentira que durante anos pesara sobre
todos eles.
Continúan
as aventuras do profesor Basilius Hoffman: historiador e explorador de
mundos ocultos, cabaleiro a tempo parcial e truán a xornada completa.
Que na súa procura do lendario Diario do Cartógrafo, verase enleado
nunha aventura chea de asombrosas criaturas, incríbeis artefactos
mecánicos, reliquias de inimaxinábel poder e, tamén, a descubrir a porta
a un novo e fascinante mundo secreto."
|
Librería AENEA ofrece libros que potencian el gusto por la lectura, el deseo de saber más, de alcanzar un mayor conocimiento sobre la realidad personal y social. Además va más allá de las estanterías para dar cabida a un área de taller.