Librería AENEA ofrece libros que potencian el gusto por la lectura, el deseo de saber más, de alcanzar un mayor conocimiento sobre la realidad personal y social. Además va más allá de las estanterías para dar cabida a un área de taller.

Os Soutos do Norte; Brazolinda xogos

 Dende tempos inmemoriais a xente desta terra alimentouse dos soutos, das castañas; e, co paso do tempo, das "castañas da terra", as patacas. Tamén aprenderon a criar gando, a facer queixo...

Neste xogo retornamos á terra. Seremos capaces de soster a nosa explotación durante un ano?

Partindo dun souto familiar iremos facendo medrar as nosas terras, mais non de calquera maneira. Xestionar os residuos agrícolas e gandeiros para evitar a contaminación e os incendios, favorecer a existencia de polinizadores coa presencia das flores, contratación de traballadores con soldos xustos, emigración, demandas do mercado, produción ecolóxica e de calidade... 

Un xogo de recursos que se vai xogando por capítulos para ir, pouco a pouco, aprendendo a xogar e asimilando despacio todos estes temas sociais, económicos e ambientais.