“Asilvestrados” de Isabella Tree e editado por CapitanSwing é un canto de liberdade para a Natureza. Un respiro nesta época de sobreproducción e incertidume climática.
Isabella conta o “experimento Knepp”, das terras degradadas pola agricultura intensiva conseguiron un ecosistema funcional cheo de vida grazas ao pastoreo en liberdade de animais.
O regreso das vacas, porcos, ponis e cervos volveu traer o equilibrio á Natureza facendo volver especies como tórtolas, falcóns pergrinos, páxaros carpinteiros ou bolboretas emperador.
Un libro para replantexarnos a nosa agricultura e como debemos alimentarnos nunha sociedade que respecte ao Planeta no que vive.
Libros de las Malas Compañías xunto a autora, Ana Cristina Herreros e o ilustrador, Daniel Tornero, lévannos a un lugar no interior da selva ecuatorial africana donde habita un pobo, unha cultura apenas perturbada durante máis de 250.00 anos. Os pigmeos Baka, un dos pobos máis antigos do Planeta.
Coa lectura de cada relato, adentrámonos nas súas costumes, na súa maneira de entender a Vida e a Natureza, no amor polo pequeño e no repecto polo diferente.
Acompañado por unhas ilustracións que te fan sentir parte da selva, como se sinte o pobo Baka.
Wolfgang Amadeus Mozart viviu cun compañeiro moi peculiar durante 3 anos da súa vida, un estorniño. Inspiración, musa, amigo… tal era a admiración de Mozart polo paxara que o tema inicial do Concierto para piano n.º 17 en sol mayor foi unha improvisación do propio estorniño.
A órnitóloga Lyanda Lynn Haupt móstranos en “El estornino de Mozart” a natureza da creatividade e o creativa que pode ser a Natureza, con esas pequenas cousas que a fan tan extraordinaria e fermosa.