Librería AENEA ofrece libros que potencian el gusto por la lectura, el deseo de saber más, de alcanzar un mayor conocimiento sobre la realidad personal y social. Además va más allá de las estanterías para dar cabida a un área de taller.

Mesas de diálogo 2024


"O termo diálogo provén da palabra grega «dialogos», unha palabra composta da raíz «logos», que significa «palabra» e o prefixo «día», que significa «a través de». A imaxe que nos proporciona esta etimoloxía suxire a existencia dunha corrente de significado que flúe entre, dentro e a través dos implicados. O diálogo fai posible que emerxa unha nova comprensión, algo creativo que non estaba no momento de partida. E este significado é o que sostén os vínculos entre as persoas e entre as sociedades"

Sobre o diálogo, David Bohm

Propoñemos estas mesas de diálogo porque queremos aprender a dialogar, a interaccionar cos demais. Abríndonos á posibilidade de crear entre os partcipantes un proceso creativo de pensamento, que nos leve a un crecemento de consciencia, tanto a nivel individual como a nivel grupal.






Dámonos conta que a Mesa do venres deixa unha estela de Diálogo entre nós… por isto fixemos unha selección de títulos que nos poidan acompañar neste camiño.

Invitámosvos a que vos acheguedes a coñecelos, a ver que vos parecen!