Co comezo deste novo curso queremos mostrarvos dous libros máis que necesarios nesta época chea de confusión.
O psicólogo Francisco Villar Cabeza móstranos no libro "Cómo las pantallas devoran a nuestros hijos" a realidade dos adolescentes. Como o uso das pantallas afecta á saúde e interfire nas actividades que axudan a un sano crecemento.
Natalia Díaz (@medianoche.tube) é un referente en internet polo seu activismo incansable contra a sobreexposición dos menores nas redes sociais. Despois de varios anos, recolle no libro, "Protege a tus hijos de la sobreexposición en la red", os perigos que conleva tanta información, fotos e vídeos dos nenos e nenas na actualidade en internet.
Podedes pasar pola librería para coñecelos.