Librería AENEA ofrece libros que potencian el gusto por la lectura, el deseo de saber más, de alcanzar un mayor conocimiento sobre la realidad personal y social. Además va más allá de las estanterías para dar cabida a un área de taller.

Presentación do libro Mareas de vida de Dula Piñeiro


'Agora mesmo
neste intre,
quería darme a coñecer.
Son una aventureira
gustosa de presentarme.
A aventura é grande,
teño que recoñecelo.
Paso de mariscadora
a contista, por pracer.'
Presentación - Dula Piñeiro

'... Entón descubrín que levaba tempo escribindo poesía. Unha poesía que non precisa de sofisticados recursos literarios porque flue directamente dun corazón que precisa poñer nun papel as vivencias e sentimientos que conforman a súa vida e os seus amores.'
Limiar - Teresa Pérez Tilve

É como un poema,
escoitamos,
rimos
e choramos.
Ata sempre, Dula Piñeiro Nogueira!!!

Día do libro infantil e xuvenil 2024

Congratulámonos polo Día do libro infantil e xuvenil.

Ven a visitar a noso curruncho de libros dos nosos autores e editoriais favoritos.



Mesas de diálogo 2024


"O termo diálogo provén da palabra grega «dialogos», unha palabra composta da raíz «logos», que significa «palabra» e o prefixo «día», que significa «a través de». A imaxe que nos proporciona esta etimoloxía suxire a existencia dunha corrente de significado que flúe entre, dentro e a través dos implicados. O diálogo fai posible que emerxa unha nova comprensión, algo creativo que non estaba no momento de partida. E este significado é o que sostén os vínculos entre as persoas e entre as sociedades"

Sobre o diálogo, David Bohm

Propoñemos estas mesas de diálogo porque queremos aprender a dialogar, a interaccionar cos demais. Abríndonos á posibilidade de crear entre os partcipantes un proceso creativo de pensamento, que nos leve a un crecemento de consciencia, tanto a nivel individual como a nivel grupal.






Dámonos conta que a Mesa do venres deixa unha estela de Diálogo entre nós… por isto fixemos unha selección de títulos que nos poidan acompañar neste camiño.

Invitámosvos a que vos acheguedes a coñecelos, a ver que vos parecen!