TEATRO
VENRES 22 DE XUÑO 2012 21:00H
A que non podes dicir cocacola?
VENRES 22 DE XUÑO 2012 21:00H
A que non podes dicir cocacola?
Temos que vivir, non nos queda outra
(ou si, pero ese xa é outro tema). E enchémonos de crenzas, e
autoconvencémonos, e reafirmámonos na nosa marabilla, e buscamos
principios que nos sosteñan, e xustificámonos, e pechamos os ollos
, e abrimos a boca… E cando a soidade, e a morte, e a penuria, e a
vellez, e a fame...  estoupan na nosa vista, aínda temos algo máis
que dicir, algo así como: “non nos podemos queixar, tal e como
están os tempos non nos podemos queixar”….
Falamos da busca da felicidade, da
absurda busca da felicidade, da necesidade de reafirmación persoal
para que o espello poida devolvernos una imaxe coa que atoparnos
cómodos e cómodas… ata que os ollos non se dan pechado e todo o
anterior, que vai envolto nun humor acedo e irónico estoupa en
momentos intimistas…
Facemos un espectáculo da vida como
espectáculo… Comedia? Drama? 
Igual que na vida… non é doado
sábelo…
Neste
proxecto participamos:
Na
dirección actoral e na iluminación: Daniel Casquero
No
espazo sonoro e composición da música: Ramón Raíndo
A
fotografía é de Mar Castro
Gravación
e edición de video: Illa Bufarda
 
 
 
 
 
Lina
                Pérez
        
  Fórmase en
                interpretación na escola de teatro Santart, ademáis de
                ter realizado cursos varios de Teatro Físico, con Iván
                Marcos, Iniciación e Perfeccionamento de Clown con
                Mariam Bañobre e Commedia dell`Arte con Claudia Conti,
                con Carlo Bosso e con Gonzalo Guerreiro, etc. No 2007
                participa na creación de Teatro do Lume, coa finalidade
                de encauzar o traballo dun xeito máis persoal e crear un
                espazo propio desde o que establecer a comunicación. Ata
                o momento son produccións desta compañía “Vaguedás” e “A
                que non podes dicir cocola?”, obras que crea e
                interpreta. A partir deste mesmo ano (2007) e ata ó 2011
                dirixe o Grupo Intercultural de Teatro do Milladoiro.
                Ademais de cómo actriz e directora, ten impartido
                obradoiros para nenos e nenas e no eido do Teatro Social
                impartíu obradoiros para mulleres en risco de exclusión
                social.
Pensa no teatro como unha arma pacífica, comunicadora, como lugar de pausa, tanto no que se refire á creación como ao momento máxico do encontro co público.
Pensa no teatro como unha arma pacífica, comunicadora, como lugar de pausa, tanto no que se refire á creación como ao momento máxico do encontro co público.
AFORO LIMITADO   PVP 8€
E ASÍ FOI... 
![]()  | 
| A libraría vistiuse de gala...O espazo vacio permitiu o paso a CREATIVIDADE. Agracecemos a Lina o seu traballo cargadiño de paixón ¡¡¡FELICIDADES!!! | 
![]()  | 
| ...E para todo ó equipo técnico ¡¡¡PARABENS!!! Especialmente para ti Daniel aplausos mil que salvas as situaciones máis imprevisibles!!! | 
![]()  | 
| Una imaxe vale máis que mil palabras... | 
![]()  | 
...O sonido, gran protagonista...UN ÉXITO!!!  | 
![]()  | 
| ...preparar e preparar...tódoloslos detales ó milímetro GUAPA!!! | 






