![]() |
VENRES 28 DE SETEMBRO AS 20:30H PRESENTACIÓN "A MÁQUINA DO TEMPO" Un disco para ler Un libro para escoitar
Terémola oportunidade de coñecer e escoitar en vivo e directo ós protagonistas Juan, Ramón e Nuria,
poeta, músico e ilustradora
¡¡¡ESPERÁMOSVOS!!!
Juan Carballo e Ramón Núñez protagonizan esta viaxe íntima e persoal na que mesturan
poemas musicados e cancións. Once composicións que contan coa colaboración de prestixiosos artistas e amigos como Alejandro Martínez, Guadi Galego, Guillerme Fernández, Jose A. Vilas, Maite Dono, Paco Cifuentes, Quim Farinha, Sito Suárez... A máquina do tempo conta coas ilustracións e o deseño Nuria Díaz, que fai realidade a intención de construír unha obra dentro dunha mesma obra, procurando acadar a mesma maxia cando se escoite e cando se teña entre as mans. |
![]() |
Presentación "A Máquina do Tempo" Poesia, Música, Cancións, Ilustracións...e AMIGOS |
![]() |
Juan Carballo e Ramón Núñez ¡Da comenzo o recital musical! |
![]() |
A sorpresa: Contamos esta noite con Maite Dono, un Placer!!! |
![]() |
A libraría vístese de festa con tódolos que vos achegástedes para escoitar este recital ¡¡¡GRAZAS a todos!!! |
![]() |
....Nuria atenta a tódalas instantaneas para facervos partícipes do que foi esta presentación. GRAZAS Nuria que pos a nota de COLOR, Ilustracións e fotos colmadiños de sentimento. |
![]() |
Outra moi grata sorpresa foi contar con Brais á guitarra e o violinista José María, estaban agachados entre o público. Grazas ós dous BRAVO!!! |
![]() |
Juan chega coa sua maleta repleta de historias para compartir. "A MÁQUINA DO TEMPO" Grazas e a seguir producindo.....Esperámosvo |
![]() |
Non faltaron as dedicatorias... |
![]() |
Sonrisos mil e moita complicidade... |
![]() |
Nun plis plas coa colaboración de todos, tivemos xa espazo libre para o encontro informal e a despedida... |