No día de onte, abellas e abellóns fixemos enxame para axudar a buscar as ás da Abelliña e por fin as atopamos!
Estamos moi agradecidos e moi emocionados de voar xuntos desde esta colmea que é Aenea ata onde a poesía nos leve.
Grazas a todos os nenos e os nenos grandes que estivestes na presentación e os que a viviron dende lonxe pero moi preto. Grazas polas risas e tamén por algunha que outra bágoa. Grazas Rula por facer das palabras de Gloria Fuertes REALIDADE.
Cando deixaremos de ser nenos? NUNCA!