No século XII nos templos de Xapón usaban pergaminos que combinaban texto e imaxes para contar historias… máis tarde, nos anos 20 nace o Kamishibai, ou en galego “teatro de papel”.
Os contacontos camiñaban longas distancias para achegarlles aos nenos a maxia das historias. Valéndose do Butai, un pequeno escenario de madeira no que se insertan as imaxes e cunha asa como se dun maletín se tratara, o gaito kamishibaya comezaba a ler o conto mentras os nenos contemplaban as ilustracións.
Este teatriño chegou ata os nosos días e segue espallando contos e alegría cada vez que se levanta o seu telón de madeira.
Queres axudarnos a espallar os contos polo mundo adiante? Ven a coñecelo!
#kamishibai